O PP de Láncara insta ao alcalde a esixir á Deputación o desbroce das estradas

O voceiro do PP en Láncara, Santiago Cubillas, insta ao alcalde a “esixir” á Deputación o desbroce das estradas de titularidade provincial. O popular pide ao rexedor que emprenda as xestións “oportunas”, xa que se trata dunha situación “insostible” debido, “unha vez máis, á falta de previsión por parte dos socialistas que desatenden un traballo que cada ano demoran máis”, e que pon de relevo tamén “o pouco que lle interesa o concello aos edís do PSOE”.

Refírese así o popular a que “é unha mágoa que a presenza dun deputado de Láncara durante tantos anos na institución non supoña unha panca de forza para axilizar, por exemplo, estes traballos”. E é que o verán está rematando e as vías, segundo apunta Cubillas, “están a monte de todo”.

“Sempre pensamos que ter a un lancarés no goberno da Deputación vai reverter na mellora de servizos e de novas dotacións para o municipio, pero a verdade é que non está a ser así. Xa vemos que é o que lle interesa de verdade ao Sr. Rivera. Preocúpalle máis o seu e manterse in pectore na Deputación que os seus veciños e o seu concello”; de aí que o popular lle pida ao rexedor que fale directamente co presidente, pois “as estradas están cheas de maleza e son un risco para os usuarios”.

“Xa non hai palabras para cualificar o estado no que se. É inconcibible que a punto de rematar o verán os labores de desbroce estean sen acometer”, manifesta a popular. Trátase dunha situación “insostible” debido, “unha vez máis, á falta de previsión por parte dos socialistas que desatenden un traballo que cada ano demoran máis”.

“Non se entende que unhas importantes tarefas que afectan á seguridade na rede viaria que empregamos a diario a maioría dos lucenses aínda non se puxeran en marcha”, explica Cubillas que engade que “nestes meses o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas e as marxes das vías provinciais cheas de maleza non axudar a previr a propagación de posibles lumes”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com