O PP de Lugo ratifica a súa lealdade ás medidas do Covid 19 impulsadas polo concello

Ramón Carballo asegurou que seguirán mantendo unha actitude
constructiva e que “por responsabilidade política” seguirán
presentando novas propostas “para contribuir a paliar os efectos da
pandemia”.
 O voceiro dos populares lembrou ao bigoberno que ser leal “é
tamén esixir que se fagan ben as cousas, que haxa concreción para
evitar incertidume; ser leal é tamén vixiar para que non se intente
enganar aos cidadáns con promesas que logo non se cumpren”

O voceiro do Grupo Popular ratificou a lealdade do Grupo Municipal “dende o minuto desta crise sanitaria” ás medidas que se anunciaron por parte do goberno local. Esta foi a postura que hoxe lle trasladou o Ramón Carballo á alcaldesa de Lugo no marco da xunta de voceiros que tivo lugar este mediodía.
“Que ninguén poña en dubida o PP vai a apoiar todas as medidas, imos
remar na mesma dirección” aseguran. Sen embargo, dende o Grupo
Popular lembran ao goberno local que ser leal “é tamén esixir que se
fagan ben as cousas, que haxa concreción para evitar incertidume; ser
leal é tamén vixiar para que non se intente enganar aos cidadáns con
promesas que logo non se cumpren”.

Os populares tamén se comprometen a continuar trasladando ao goberno
local máis propostas para sumar na batería de medidas que se están
implantando no municipio para paliar os efectos do coronavirus “desta
volta serán achegas relacionadas co sector da construcción, o impulso ao
pequeno comercio ou a vida saudable”.
Por último os populares insisten en que ser partidista é acusar á Xunta de
falta de material e pechar os ollos e silenciar que o goberno do Estado
non achegou ningún material para o municipio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com