O PP de Sarria considera antidemocrático que o Goberno non responda ás preguntas no Pleno

O Grupo Municipal do PP de Sarria considera “antidemocrático e indignante” que o Goberno local non respondera ás preguntas que os populares trasladaron no Pleno celebrado onte. “Eran cuestións que nos trasladaron directamente os veciños e veciñas ás que decidiron non contestar. É a primeira vez que acontece”, explica o voceiro do PP, José Antonio García.

Os populares explican que se trataba, na súa maior parte, de cuestións de urxencia “que non van atopar solución ata dentro de dous meses”, cando se celebre a próxima sesión plenaria. O Grupo Municipal do PP de Sarria estima esta actitude do bipartito como unha mostra máis da súa incapacidade e falta de talante por parte dun goberno que ademais está en minoría.

Os populares preguntaron tamén pola petición dunha empresa para poñer en marcha un tren turístico na localidade, que leva 7 meses esperando resposta.

O Grupo Municipal do PP considera a actitude amosada onte polo Goberno local de onte unha falta de respecto non só á oposición senón a todos os veciños e veciñas de Sarria, polo que lles pide que rectifiquen neste tipo de prácticas “antidemocráticas e en fraude de lei que pasan por primeira vez desde a desde a restauración da democracia e que demostran que a Sarria a dirixe un Goberno en minoría, incapaz e que prexudica seriamente os intereses da maioría dos sarriaos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com