O PP denuncia a actitude de Lara Méndez con respecto ao aparcadoiro de Viana do Castelo

O voceiro do Grupo Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia as “dúas caras” que onte amosou Lara Méndez no referente ao aparcadoiro público de Viana do Castelo.

O voceiro popular explica que antes de comezar o pleno de onte a alcaldesa anunciou que valoraba a posibilidade de levar á Fiscalía a situación irregular que permitiron durante 10 anos no aparcadoiro de Viana do Castelo, é dicir, “vaise acoller á figura legal da autodenuncia” xa que a concelleira de Economía, Ana Prieto, e o voceiro do goberno local, Miguel Fernández, confirmaron en varias ocasións que coñecían a situación desta dotación pública, por tanto están acreditando unha posible prevaricación.

Pero, só uns minutos despois, Lara Méndez optou por cambiar de parecer e por “poñerse do lado da empresa e manter a liña marcada ata agora, e seguir permitindo que a empresa que leva 10 anos sen pagar siga a lucrarse con este aparcadoiro” ao votar en contra da rescisión do contrato á empresa, unha proposta que levou ao pleno o Grupo Popular e que apoiaron todas os grupos do pleno, coa excepción do PSOE.

Antonio Ameijide tamén se referiu ás explicacións aportadas pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre, sobre o retraso na instalación e acendido das luces de Nadal, unha demora na instalación que deixou á vista “as rencillas” que hai entre os membros do goberno local. 

O popular refírese ás “zancadillas” que Lara Méndez e Ana Prieto lle puxeron a Carmen Basadre ao demorar “ata o límite” a licitación do contrato, “diferenzas internas” que ao final repercuten negativamente nos cidadáns e nas vendas dos comerciantes na campaña de nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com