O PP denuncia a pasividade do Goberno ante as reiteradas avarías de auga en Lugo

O Partido Popular comparte a indignación dos veciños dos números impares da rúa Serra Gañidoira que levan sen agua nas súas vivendas dende a madrugada do pasado sábado. Para o Grupo Popular a solución provisional é “un mal parche” e responde “á pasividade” da alcaldesa por solucionar un problema que afecta a práctica totalidade dos barrios de Lugo. Nese senso, os populares amosan a súa sorpresa porque logo das últimas avarías sucedidas en Marqués de Ombreiro, Rei Don García e outras rúas o Goberno local segue “paralizado” e sen buscar unha alternativa para dar cobertura a estas avarías de emerxencia.

“O concelleiro de Medio Ambiente non é de fiar xa que incumpre a súa propia palabra” en alusión ao compromiso que lanzou de que coa máxima dirixencia ían a arranxar futuras avarías.

Os populares ironizan con que “se a súa rapidez é colocar dúas billas, nos que apenas hai presión para encher garrafas” e “dárlle largas aos afectados ata o luns”. “Evidentemente hai cabreo porque os residentes de Serra Gañidoira pagan os seus impostos coma o resto”, resumía o voceiro do grupo Popular no Concello, Ramón Carballo.

Para os populares este tipo de situacións rocambolescas son froito do “desmantelamento, que impulsou durante anos o PSOE”, da brigada de augas deixando sen cobertura de emerxencias a toda a cidade “xa que ao non ter persoal non se arranxan avarías en horario de noite, nin en fin de semana”. Para o Grupo Popular esta mala decisión provoca que se amplíen arranxos que podían facerse en dúas horas ou tres, a dous ou tres días condenando aos veciños de Lugo, de diferentes barrios, a sufrir retrasos nas reparacións.

O “desmantelamento” da brigada suporá agora o que xa predixo o Partido Popular que é un encarecemento da factura final da reparación xa que “hai que pagar o servizo de urxencia, nocturnidade e ademáis as avarías tardan máis en repararse porque as firmas privadas descoñecen o deseño da rede o que ralentiza e encarece as reparacións xa que os que realmente coñecen á perfección a rede de abastecemento son os empregados municipais, aos que o goberno municipal dá as costas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com