O PP denuncia a mala xestión dos postos de venda do Mercado Municipal

O PP municipal únese ás críticas que onte facía o grupo municipal Lugonovo sobre a mala xestión da Praza de Abastos. A edil do Grupo Municipal do Partido Popular, Ana López Pombo, denuncia que catro dos 49 postos fixos da Praza de Abastos levan máis dun ano sen ocupar. Logo da análise dos decretos coas liquidacións mensuais a abonar polos industriais da Praza, a edil popular explica que os postos número 3, o 16, o 35 e o 49 están libres dende hai máis dun ano.

López Pombo puntualiza que o segundo (o 16) é o sexto máis grande de todos os puntos de venda destas instalacións. “O prexuízo fundamental para o Concello non son os pouco máis de 9.000 euros que deixou de ingresar nos últimos doce meses, senón, fundamentalmente, a imaxe negativa que se transmite destas instalacións ao estaren baleiras pois ver postos baleiros non incentiva a realizar compras na Praza de Abastos, senón todo o contrario”, explicaba López Pombo.

López Pombo anunciou que presentará unha batería de preguntas ao goberno local para que informe de por que non se ocuparon logo de tanto tempo, “máis aínda sabendo que existe unha demanda real por instalarse alí” de acordo co establecido no o artigo 16.2 da ordenanza reguladora de Prazas e Mercados do Concello de Lugo, no que se establece que Poderán ser obxecto de concesión os postos fixos que figuren na oferta pública que o Concello deberá ter permanentemente actualizada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com