O PP denuncia unha espera media de 18 meses para obter licenzas no rural

O Grupo Municipal do PP presentou hoxe un informe que vén revelar  que “o Concello tarda 540 días en resolver as licenzas para o rural”, alertando asemade de que “os expedientes que hai gardados en caixóns” poderían superar ás 81 solicitudes resoltas ao longo do pasado exercicio. Nese senso, os populares anunciaron que pedirán acceso aos expedientes que están pendentes de resolución porque, aseguran, que hai casos que levan agardando dende hai tres ou catro anos para que lles dean unha contestación.

“Os lucenses que queren ampliar e rehabilitar vivendas, explotacións agrarias o facer algún alpendre nas 54 parroquias do municipio perden tempo, diñeiro e tranquilidade”, manifestou o edil popular, Manuel López. “Se se conseguira recurtar este prazo, se poderían axustar os prezos e, sobre todo, o cliente disporía moito antes da súa vivienda” xa que en moitos casos se trata de pais que deixan fincas a fillos para facerse unha casa.

Para o concelleiro, “o razoable sería que en menos de tres meses, tal e como se especifica na Lei do Solo, se entregaran as licenzas xa que se trata dun acto reglado no que o concello está obrigado a outorgar licenza nun prazo determinado que, a todas luces, en Lugo se incumpre de forma sistemática”.

Manuel López salientou, asemade, a súa preocupación pola baixada de licenzas concedidas no último trimestre de 2019. “Mentres nos primeiros tres trimestres de 2019 resolvéronse 7,3 licenzas mensuais no último trimestre do pasado exercicio baixouse o número de expedentes resoltos a 5 mensuais; en conclusión, imos cada vez a peor xa que se empeora en axilidade á hora de dar resposta aos expedientes que se presentan”.

Os populares indican que en 2019 a media de resolución das licenzas para reformas, rehabilitacións, construcción de vivendas ou explotacións gandeiras ou agrícolas nas 54 parroquias de Lugo foi 540 de días. López tamén indicou que coas 81 licenzas que se aprobaron o ano pasado xerouse un volume de negocio de máis de 5 M€. (5.069.172,52 €). “Por ese motivo pedimos máis persoal para reducir prazos de resolución de expedientes ou unha mellor organización do servizo e así evitar a
interminable lista de espera”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 18, 2020 - 03:23 PM

    e as veces mais tempo pa ter una cita médica no especialista, pepeteiros , a ver si falamos de todo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com