O PP di que Tomé elude sacar a concurso a concesión da limpeza de centros provinciais

“A estas alturas do mandato, está totalmente clara a falta de xestión do goberno provincial e, pola contra, cada día é máis escura á relación da Deputación coa sociedade pública Tragsa dende que a preside o socialista José Tomé”. Así o entende o viceportavoz provincial do PP José Antonio García á vista da nova prórroga do contrato a Tragsa para o servizo de limpeza de centros provinciais. “Tomé sigue na súa liña de cooperación con Tragsa, como medio propio da Deputación, de maneira indisimulada, de modo que supera os niveis minimamente aceptables de xestión disciplinada dos fondos públicos”.

García explica: “O goberno provincial acordou en decembro do ano pasado rescindir o contrato coa empresa que se encargaba da limpeza de centros provinciais (26 empregados), debido aos problemas económicos que tiña. Como medida provisional, encomendouse este servizo a Tragsa, por seis meses, por 447.000 euros”.

O mesmo representante do PP explica que nos seis meses do contrato, que finalizarán o próximo día 11, a Deputación debía sacar a licitación, en concurso público, libre e aberto a concesión do servizo de limpeza de centros provinciais. José Antonio García di: “Pero non foi así, nunha demostración máis do que entende por xestión o presidente Tomé. En vez de sacar a concurso público e aberto o servizo, garantindo os dereitos dos traballadores, o que fai é unha prórroga do contrato, por tres meses, ampliable por outros tres, por 222.000 euros”.

García sinala: “O servizo debería estar adxudicado a una empresa, nun proceso de libre concorrencia e garantindo os dereitos dos traballadores. Pero non; Tomé deixou pasar o tempo e en vez de sacar a concurso o servizo, prorroga o contrato a Tragsa, coa que, como medio propio da Deputación, contrata directamente. Unha vez máis, saen perdendo os lucenses e outra vez máis se escurecen os motivos desta predilección de Tomé por Tragsa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com