O PP esixe ambición para levar a reforma da Fervedoira ata a Rolda Norte

O grupo municipal popular propón completar de forma integral a mellora do acceso pola Fervedoira, estendendo a actuación ata a conexión coa Rolda Norte. O obxectivo é claro: garantir unha entrada segura, cómoda e ben iluminada, con espazo para peóns e cunha imaxe coidada para quen chega á cidade.

O que está anunciado

O goberno local prevé actuar nun tramo limitado:

  • Dende a rotonda da rúa Montero Ríos ata o remate da zona urbana, 300 metros máis alá dos edificios de Adolfo Suárez, centrando a intervención na renovación parcial de servizos (saneamento) e unha nova capa de rodadura.
  • Tamén se contempla executar a renovación da calzada e ampliación da mesma no tramo que vai dende o remate da zona urbana ata a rotonda prevista no PXOM.

Para os populares, o proxecto do bipartito é insuficiente e non resolve a longo prazo os problemas dun dos principais accesos á cidade.

A proposta do PP: completar e planificar

O Grupo Popular defende ampliar a intervención aproximadamente 1,5 quilómetros máis, ata enlazar coa Rolda Norte. Só así —sinalan— se evitarán embudes e tapóns e se dará resposta aos problemas históricos desta vía:

  • Carrís estreitos.
  • Pavimento deteriorado.
  • Falta de beirarrúas continuas.
  • Iluminación insuficiente.
  • Ausencia de espazos seguros para colectores e paradas de autobús.

Política útil

Esta proposta que levarán ao pleno, segundo explican, “trátase dunha iniciativa que encaixa co modelo de mobilidade que defendemos, baseado na planificación, seguridade viaria e mellora dos accesos”.

Con anterioridade, os populares xa propuxeran actuacións en Nadela, reclamando mellor iluminación e humanización da travesía, e na estrada vella de Santiago de Compostela, defendendo beirarrúas e na estrada vella de Santiago , defendendo beirarrúas e intervencións integrais. Agora —sinalan— dan un paso máis coa proposta para a Fervedoira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com