O PP esixe o arranxo do valado do paseo Álvaro Cunqueiro

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, esixe ao bigoberno o arranxo inmediato do valado do paseo Álvaro Cunqueiro para evitar calquer risco de caídas ao río, un valado que leva dous meses nesa situación sen que desde o Concello de Lugo se realizase algunha actuación ao respecto, salvo colocar unha cinta de plástico.

Rafael Pérez recorda que este valado xa se puxo tras unha petición do Grupo Municipal Popular, xa que era “urxente” colocar unha barreira de protección para os peóns neste punto xa que se trata dunha rúa pola que se accede ao colexio do barrio da Ponte. “Esta actuación é prioritaria xa que a diario pasan por esta zona centos de nenos e é imprescindible asegurar a súa seguridade”, explicou. Ademais, engade que non realizar esta actuación de forma urxente será “unha imprudencia”.

O concelleiro popular aproveita a ocasión para solicitar ao bigoberno que aproveiten os traballos de reparación do valado para “homoxeneizalo”, xa que unha parte é de madeira e outra de metal. “Se o bigoberno presume dun Lugo verde, que menos que este elemento que está pegado ao río sexa uniforme e dun material acorde á zona na que se atopa, polo que sería conveniente que todo o valado fora de madeira”, sinala.

Rafael Pérez tamén aproveita para denunciar “as chapuzas” do bigoberno, que poucas semanas despois de que tapasen un bache de grandes dimensións, nas proximidades da igrexa de San Lázaro, que se produciu por unha fuga de auga, agora amosa “un aspecto lamentable” xa que o bache está de novo na estrada e a grave invade a estrada, provocando “dificultades aos condutores”, polo que esixe un arranxo “inmediato e en condicións” para evitar novas molestias aos lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo