" />

O PP esíxelle a Méndez explicacións sobre a deuda do Concello con hoteis e restaurantes dende 2017

O Partido Popular cargaba esta mañá contra a rexedora da cidade, Lara Méndez, asegurando que tiña pendentes de pago varias facturas de hoteis e comidas en Lugo dende o ano 2017. O vicevoceiro desta agrupación, Antonio Ameijide, esixe explicacións ao equipo de Goberno despois de coñecer que o Concello adebeda oito facturas que suman máis de 2.400 euros en concepto de habitacións de hoteis e comidas.

Ameijide quere coñecer os motivos polos que o Concello todavía adebeda estas facturas e pide ao Executivo local que cambie a política económica implantada polo Goberno de Lara Méndez e que sitúa a administración local como unha das peores pagadoras do Estado. “Xa sabíamos que Lara Méndez era moi mal pagadora, pero que chegue ao extremo de non querer pagar aos hostaleiros da cidade xa non ten nome”, sinalou.

Unha situación na que se atopan moitos máis provedores do Concello de Lugo, xa que neste expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito hai outras facturas, algunha moi curiosa como que para pagar unha cinta de dobre cara, por valor de 29,77€, o provedor teña que agardar máis de dous anos para poder cobrar, ou que a porta do aparcadoiro do seminario estea habitualmente estropeada xa que non paga o mantemento da mesma xa que debe a última factura, de outubro de 2019, por este concepto, por valor de 1.285,02€. “Quizais lle será mellor a Lara Méndez comezar a pagar o mantemento da porta do aparcadoiro do seminario para garantir a seguridade do seu novo coche oficial de alta gama”, apuntou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo