O PP estuda crear unha Comisión de Investigación para que os socialistas aclaren as irregularidades en materia de persoal

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e, tras todos os puntos, chegou o momento da comparecencia da encargada da área de Persoal, Paula Alvarellos, a petición do Partido Popular. Para o PP as explicacións dadas pola socialista sobra a situación do persoal foron insuficientes e xa avanzaron que, por ese motivo, estudarán que se cre unha Comisión de Investigación na que comparezan políticos e cargos que o PSOE designou para organizar o cadro de persoal municipal”.

O vicevoceiro popular manifestou que “queremos escoitar aos directores xerais, aos concelleiros delegados da área de persoal, e aos alcaldes que participaron na toma de decisións e que asinaron os decretos ou deron o visto e prace en xuntas de goberno da cobertura de vacantes que o informe de persoal califica de irregulares”.

Antonio Ameijide engadiu que no informe do interventor se utilizan expresións moi gráficas que describen a política de persoal durante os últimos 20 anos de gobernos socialistas e que chega a calificar como “delirante xestión” que “vai máis aló de ser caótica”.

Para Ameijide a comparecencia de Alvarellos deixou claro que “os últimos 20 anos do PSOE no concello de Lugo foron 20 anos de axencia de colocación para lucenses co carné socialista”.

Por último o vicevoceiro manifestou que “a vinculación da alcaldesa Lara Méndez, con esta grave situación do persoal municipal, está acreditada por ela e polos dous directores xerais de persoal que contratou, no seu mandato, e que deron por boa e colaboraron nesta situación”.

Alvarellos explicou, nun primeiro momento, a situación actual do persoal, algo que apladiu a edil de Cs Lugo, Olga Louzao, quen asegurou que a socialista “ven pisando moi forte” en canto ás melloras de persoal. “Dixo vostede, señora Alvarellos, que desde a súa toma de posesión puido comprobar como os instrumentos reguladores de persoal non gardaban a debida coherencia, e non sabe como a entendo”, expresou Louzao.

Alvarellos asegura que o Concello está nunha situación “crítica”, e que é necesario regularizar a estrutura de postos de traballo.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    @Donatelo
    Nov 29, 2019 - 12:15 AM

    @PPConcelloLugo Ya están tardando, pero tanto el @PPConcelloLugo como @CsLugo_

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 28, 2019 - 08:45 PM

    O que ten que imperar e o sentido COMÚN. ” SENTIDIÑO”

    Reply
  3. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Nov 28, 2019 - 07:39 PM

    Dixolle o cazo a sartén…….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo