O PP insta ao alcalde de Castroverde a abrir de inmediato a residencia da terceira idade

Na fachada do edificio da residencia da terceira idade de Castroverde hai unha placa fechada no 2015 na que, a modo de inauguración deste servizo, se recolle o nome do entón presidente socialista da Deputación, Gómez Besteiro. Pero o edificio segue pechado hoxe, máis de catro anos e medio despois de colocar esa placa.

Así o explicaba esta mañá o voceiro do PP de Castroverde, Rubén Otero, quen esixe a apertura inmediata destes locais, necesarios para atender ás persoas maiores do municipio que hoxe teñen que desprazarse a diario como usuarios de residencias e centros de día a outros municipios da contorna. Pon de relevo, ademáis, os cambios de opinión do alcalde de Castroverde sobre o modelo de xestión deste centro e destaca que se acaba de desbloquear este asunto é pola presión exercida dende o Partido Popular.

Otero fixo estas declaracións esta mañá en Castroverde, diante da residencia pechada, acompañado polo deputado provincial José Pardo Lombao. O voceiro municipal do PP destacou que o alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, “ambiou tantas veces de criterio sobre como quere xestionar esta residencia que xa se perde a conta e o servizo segue sen funcionar”. Engadiu: “Parece que agora quere apuntarse ao convenio coa Deputación para a xestión das residencias; para esta viaxe non facían falta estas alforxas. Todo o que fixo ata agora o alcalde foi perder o tempo e ter aos veciños sen un servizo fundamental nun edificio que custou moitos cartos e que leva case cinco anos pechado e, como sempre ocorre nestes casos, deteriorándose”. O mesmo concelleiro popular declarou: “É inaudita a situación creada en Castroverde con este servizo, e todo grazas aos socialistas, ás súas liortas internas e aos seus intereses individuais como políticos”.

O PP de Castroverde esixe a inmediata apertura da residencia. Rubén Otero insta ao alcalde de Castroverde a explicar aos veciños por que a residencia non está aberta aínda. Destaca que o socialista Arias deu a coñecer que se suma ao convenio coa Deputación a raíz da presión exercida desde o PP, tanto en sede consistorial como na rúa.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 20, 2019 - 07:35 PM

    Figurin, gosta alle moito saír nas afotos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo