O PP insta ao alcalde de Cervantes a rozar as vías municipais

O voceiro popular de Cervantes, Javier Santín, esíxelle ao alcalde o deseño e posta en marcha de xeito inmediato dun plan “axeitado e eficaz” na roza das vías municipais que combine medios públicos e privados.

 Dende o PP de Lugo defenden que esta é a opción máis indicada neste momento; xa que os medios existentes son insuficientes para atender todo en prazo e o municipio conta con máis de 130 núcleos de poboación, repartidos en 21 parroquias, ademais dunhas pistas moi estreitas. Neste senso, consideran que dispor dun servizo óptimo é fundamental, pois “como pretende o Concello atender a todas as áreas de poboación cun só tractor, único que se lle mande traballar noite e día…” apunta Santín de xeito irónico. Ademais, tamén sería unha oportunidade para as empresas da zona.

 Os populares xa lle solicitaron esta medida ao Goberno local o pasado ano, pero non viron ningunha resposta por parte do Executivo socialista, a pesares de que tamén sería unha oportunidade para as empresas da zona especializadas na materia. Deste xeito, este ano volven a realizar a mesma petición porque o prazo recomendable para rematar estes traballos, segundo consideran, é o 31 de setembro, e non facelos nos meses de novembro ou decembro, como aconteceu nalgún caso en anualidades anteriores. E é que “nestas datas o que ten que estar preparado é o dispositivo de inverno”, explican.

 A este respecto, lamentan que o pasado ano 2017 o alcalde perdese unha subvención de 90.000 euros da Xunta de Galicia para a adquisición dun novo tractor para a roza de vías municipais xunto a dous apeiros máis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo