" />
Concurso de Polbeiras San Froilan

O PP lamenta a cerrazón dos socialistas a modificar as bases para adxudicar as casetas do polbo

O Grupo Municipal do Partido Popular critica a cerrazón da alcaldesa por negarse a cambiar o prego de condicións para a adxudicación das casetas do San Froilán, para o vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, “é un erro que non se ligue o caldeiro á caseta ou que non se requira experiencia hosteleira que asegure a calidade do servizo”.

O popular insistiu en que, tal e como están as bases que presentan os socialistas “o único que se favorece é a especulación”. Ameijide aludiu as situacións esperpénticas que provocan as súas decisións como son “a vivida nas pasadas festas ou que ,agora a catro meses das patronais, estease agardando a que o goberno readxudique as dúas casetas e dous caldeiros que quedaron desertos logo de que a empresa, que tiña a concesión, non cumprise o contrato.

Na Comisión de festas celebrada esta mañá, Ameijide pediu que constasen en acta varias modificacións como “solicitar unha garantía provisional aos participantes para o cumprimento das ofertas por parte das firmas que se presenten; unir a explotación do caldeiro á caseta e esixir experiencia ou coñemento no sector hostaleiro”.

Ameijide lembrou que o seu grupo, dende o primeiro momento, discrepou coa forma coa que se adxudicaron as casetas do polbo lamentando que “afecte de cheo á imaxe dun dos principais reclamos das festas”.

Dende o Grupo Popular instan ao goberno local a consensuar o máximo posible a programación das festas xa que, na opinión dos populares, “deberían ofertar unha programación á altura dunha capital de provincia primando a calidade antes que á cantidade”. Ameijide insiste en que “hai que planificar o máximo posible para evitar improvisacións e parches de última hora e para garantir a difusión, con tempo, de concertos e actividades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo