" />

O PP municipal denuncia que unha multinacional utiliza “a custe cero” o laboratorio da EDAR de Lugo para analizar auga doutros concellos

O voceiro do Grupo Popular desvelou que a empresa privada Gestagua, concesionaria do ciclo da auga de Lugo, utiliza “a custe cero” o laboratorio da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) para realizar análises de auga doutros concellos como o de Carballo matizando que “é posible que non sexa o único”.

O voceiro dos populares, Jaime Castiñeira, fixo esta denuncia tras certificar que se está traballando, nestas dependencias municipais de Lugo, con mostras de auga que proceden, supostamente, das Depuradores de A Cepeira, Baldaio, Novi e Razo. Castiñeira aportou fotografías nas que se poden ver mostras etiquetadas cos nomes destas Estaciones Depuradoras con data do mes de maio salientando que “é un abuso que se utilice material e persoal do Concello de Lugo para analizar a calidade da auga que se está vertendo no litoral dos núcleos costeiros deste concello da provincia da Coruña”.

Jaime Castiñeira considera gravísima esta operación explicando que “no caso de que o Concello faga a vista gorda, permitindo este traballo, significaría que está outorgándolle un novo trato a favor a unha multinacional” xa que “estaría autorizando a Gestauga un uso inapropiado das dependencias de Lugo pagadas por todos os lucenses”.

No caso de que o goberno de Lugo descoñeza que se leva a cabo esta acción nun laboratorio municipal é, se cabe, máis preocupante para os populares, xa que viría a ratificar as denuncias que reiteran, dende o Partido Popular, sobre o descontrol que teñen os socialistas das empresas que prestan servizo para o Concello.

A depuradora non ten vinculación contractual dende o 24 de novembro de 2011 e a potabilizadora dende febreiro de 2011, dende que venceron os contratos se acumulan pagos con reparos de legalidade que superan os 18 millóns de euros. Os populares explican que se se licitasen os contratos, en tempo e forma, se poderían aforrar preto de 4 M€ aplicando o 20% das baixas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo