" />

O PP pedirá no Pleno da Deputación para combater a ocupación ilegal de vivendas

O Grupo Provincial do PP presentará unha moción para o seu debate no Pleno da Deputación para dar o seu firme apoio á Proposición de Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, rexistrada polo PP no Congreso dos Deputados o 31 de xaneiro. A mesma proposta será debatida no Pleno do Concello a iniciativa do Grupo Municipal do PP.

A iniciativa está destinada a combater a ocupación ilegal de vivendas que garanta o dereito da propiedade, a seguridade de persoas e bens e a convivencia social. No seu articulado establécese, entre outras medidas, que a Policía (a autoridade pública e os seus axentes) poderá desaloxar a vivenda ocupada ilegalmente nun prazo exprés de 24 horas, sen necesidade de esperar varios meses como ata agora e reforza o delito de usurpación pasando dunha multa a pena de privación de liberdade dun a tres anos.

Demandan ademais que se reclame ás forzas políticas con representación parlamentaria que dean a súa aprobación a esta iniciativa normativa antiocupa, pioneira en España, por ser de interese xeral e necesaria para corrixir un grave problema social e de convivencia xerado a causas destas actividades ilegais contrarias ao dereito á propiedade e á seguridade das persoas e as cousas.

Piden tamén que se dea traslado destes acordos á Ministra de Xustiza, á Vicepresidenta do Goberno e aos Voceiros Parlamentarios dos Grupos con representación no Congreso e no Senado, así como ao presidente da Federación Española de Municipios e Provincias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo