" />

O PP pide ao pleno que apoie unha proposición para esixir ao goberno que renuncie á peaxe das autovías

O Grupo Municipal do PP súmase á ofensiva que leva a cabo en bloque, en distintas administracións, o Partido Popular para reclamar o Goberno de Pedro Sánchez que renuncie ao seu plan de impoñer un sistema de peaxes nas autovías españolas polo dano que a iniciativa ocasionaría na economía dos lucenses e das pequenas e medianas empresas.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide anunciou hoxe que no vindeiro pleno pedirán o apoio da alcaldesa para que inste ao Goberno de España a que desista de implantar un sistema de pago polo uso da rede estatal de estradas. “A alcaldesa socialista Lara Méndez terá que pronunciarse publicamente no pleno se está a favor do atropelo que pretende cometer Sánchez ou se defende os intereses dos veciños e veciñas de Lugo”.

Os populares explican que “dende Lugo debemos ter un posicionamento unánime e firme para evitar que Sánchez grave aínda máis a posición periférica de Galicia, xa que medidas como esta de cobrar por usar autovías poderían afastarnos ainda máis do resto do país”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo