O PP pide que se impulse a creación dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, anuncia que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno a creación dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón.

Para Ramón Carballo a renovación do actual centro de saúde do Sagrado Corazón debe ser “unha prioridade” para o bigoberno de Lugo “primeiro, se debería valorar se as instalacións do actual colexio do barrio se poderían empregar para albergar esta dotación”. O popular razoa que “se as instalacións do actual colexio son aptas para destinar algún dos edificios existentes como emprazamento do novo centro de saúde xa teríamos unha localización magnífica no núcleo do barrio” indicando que “en caso de que o informe sexa negativo, o Concello de Lugo debería poñer a disposición da Xunta os terreos precisos, nun entorno próximo, para a construción dun moderno centro sanitario”, explicou.

Por outra parte, os populares recrimínanlle á alcaldesa, que dende o ano 2016 (data na que hai un acordo de pleno a instancias do PP), non dese absolutamente ningún paso, para iniciar as xestións cos propietarios do colexio e da gardaría do Sagrado Corazón para que estos inmobles en canto queden balerios pasen a ser de titularidade municipal”.

Ante esta situación, o voceiro popular reitera a necesidade de iniciar estas xestións co titular dos terreos (Abanca) xa que as instalacións actuais quedarán en desuso unha vez abra as súas portas o novo colexio do Sagrado Corazón, apertura prevista para o vindeiro curso 2020-2021.

Por iso, urxe que o bigoberno inicie de inmediato as conversas necesarias para que estas instalacións pasen a ser de titularidade municipal e se destinen para equipamentos para este barrio lucense. Neste senso, os populares tamén solicitarán na súa proposta que o Concello de Lugo colabore na tramitación que lle corresponda para a construción do centro de saúde do Sagrado Corazón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com