O PP pide que Suplusa manteña unha partida para a xestión das residencias no 2019

O Grupo Provincial do Partido Popular pedirá que o Orzamento de Suplusa para o vindeiro ano 2019 manteña unha partida destinada á xestión das residencias de maiores, xa que consideran que esta é a medida  necesaria que permitirá garantir que o persoal seleccionado no 2015 para prestar as súas funcións nos centros de maiores promovidos pola Deputación reciba “algún chamamento e poida ser contratado”, ademais de asegurarse a apertura de Castroverde.

Os populares rexistrarán unha emenda a través da que trasladarán esta reclamación, ao considerar que se debe “ter un trato xusto con este traballadores”. A este respecto, dende o Grupo Popular precisan que os socialistas recortan en torno a un millón de euros nas contas de Suplusa, o que implica que a sociedade non conta coa dotación económica para a xestión das residencias.

Neste senso, dende o Grupo Provincial do Partido Popular tamén se amosan críticos ante o feito de que sexa “a segunda vez que van ao Boletín Oficial da Provincia as contratacións de persoal para as residencias de maiores, cando nin tan sequera deron resposta aos profesionais seleccionados fai tres anos”. “Estamos ante un Goberno que despreza aos traballadores e usa o emprego de xeito electoralista”, engaden dende o PP na Deputación.

Respecto ao escenario de consenso de 2016

O Grupo Provincial do Partido Popular impulsou xa no ano 2016 un marco de consenso e de colaboración co único obxecto e compromiso de aprobar unha contas que permitisen “desenvolver proxectos na provincia e dar respostas ás necesidades dos lucenses”. Así, os populares piden que se respecte o escenario de coherencia adoptado no 2016, que permitiu a posta en marcha de iniciativas como o coñecido como Plan Único, e que a través das contas se lle dea tamén resposta aos compromisos e acordos plenarios aprobados.

Ademais, os populares, que abriron de novo as negociacións para acadar a aprobación dos vindeiros Orzamentos, rexistrarán emendas ás contas de 2019 a través das que pedirán, ademais da inclusión dunha partida para a xestión das residencias dende Suplusa, que se teñan en conta outras reivindicacións provinciais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo