O PP pide unha ordenanza que atalle os problemas de convivencia en Lugo

O Partido Popular pide á alcaldesa que recupere o proxecto da Ordenanza de convivencia que empezou a tramitar en maio de 2017 “en aras a regular condutas que xeran queixas, case a diario, na nosa cidade”.

Ramón Carballo ofrece á alcaldesa “a súa colaboración para acordar unha norma de convivencia que sirva, entre outras cousas, para atallar problemas de convivencia veciñal, a actuación de gorrillas e as agresións contra o patrimonio”.

Outros aspectos, que a xuízo dos populares, debería contemplar esta normativa son “directrices para frear o auxe do botellón ou de concentracións que perturben a tranquilidade cidadá” tal e como xa contan cidades como Vigo ou A Coruña.

Carballo pide á alcaldesa socialista “decisión e valentía para impulsar esta norma lembrando como Lara Méndez deu marcha atrás enterrando este proxecto ao ceder ao ultimatum do BNG así como ás presións de grupos como Lugo sen mordazas que se mobilizou, no seu día, en contra da ordenanza”.

O PP, dende “o minuto uno, tendeulle a man á alcaldesa ofrecéndolle o seu apoio para aprobar este documento pero Méndez preferiu antepoñer interéselos partidistas aos intereses dos cidadáns e só pensou, nese momento, no desgaste electoral que podería supoñer sacar adiante esta ordenanza”. Por iso é polo que o PP “siguen ofrecendo o seu apoio para buscar un consenso”.  Para o portavoz popular este é o momento de impulsar esta ordenanza xa que “Lugo necesita unha norma municipal que axude a mellorar a convivencia e sancione os comportamentos incívicos que degradan a cidade”.

 

Novas relacionadas

  1. @Donatelo
    Out 07, 2020 - 11:17 PM

    @PPdeLugo Y que ya debería estar hecha desde hace años lo mismo que tener cámaras de vídeo vigilancia… https://t.co/r7m64dabcO

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Out 07, 2020 - 04:36 PM

    A conducta, non é o problema máis grave. O problema son vostedes cos seus comportamentos e actos de desprezo e intolerancia a os máis.
    Mans que non dais que esperáis!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com