O PP pregunta a Lara Méndez se respalda as críticas de Santos Ramos a Caballero

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, quere saber se a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, respalda as afirmacións “da súa man dereita, o señor Álvaro Santos”, nas que considera que Gonzalo Caballero, líder dos socialistas, “non ten proxecto para Galicia”. Para os populares resulta preocupante que “en vez de estar ao que hai que estar, dende as bancadas socialistas, abran un conflicto de carácter interno e claramente partidista” engadindo que “di o dito que quen cala outorga, polo que entendemos que as manifestacións do tenente de alcalde de Lugo contan co beneplácito de Méndez”.

Antonio Ameijide explicou que “esta guerra aberta no seo do PSOE lucense pode desestabilizar ao goberno local e iso está tendo consecuencias na xestión do día a día do concello e, por tanto, na prestación de servizos aos cidadáns”.

Para os populares é moi significativo que “esta guerra partidista sexa un dos frontes e das preocupacións da alcaldesa de Lugo”. O segundo capítulo no que esgota a súa enerxía “é o relativo a ocultar ilegalidades en materia de persoal dos seus padriños políticos, e dela mesma, negándose en pleno a crear unha Comisión de Investigación”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 27, 2019 - 07:13 PM

    E con esta xente coma con outra calquera o sabe! O lóxico e normal, en calquera ámbito, sería a distitucion fulminante, por que unha persoa así non suma. Resta e moito

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com