" />

O PP pregunta a Méndez se tomará algunha decisión para evitar indemnizacións polo convenio do García Portela

A anulación do convenio para a cesión dos terreos do García Portela pode converterse nunha nova hipoteca para todos os lucenses, xa que o promotor pode denunciar ao Concello de Lugo e solicitar unha indemnización millonaria, tal e como recoñeceu esta mañá en comisión Paula Alvarellos.

Así o opina o viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, quen cualifica a situación de “preocupante” xa que podemos estar ante “un Garañón bis” despois de que no último ano o goberno local anulou o convenio asinado hai 20 anos co promotor, convenio que estaba a piques de caducar. “Non entendemos como se chegou a esta situación, pero o que nos parece máis preocupante é que, como recoñeceu a propia concelleira, nin ela nin ninguén do seu equipo falaron co promotor para tentar canalizar a situación”, lamentou Ameijide.

A realidade é que este problema destapou “o escaso ‘ feeling’” que hai dentro do propio PSOE, xa que Paula Alvarellos tratou de “escorrer o vulto” cargando as culpas directamente á época na que a concellería de urbanismo atopábase baixo a dirección de Miguel Couto, que dimitiu en marzo de 2021.

A realidade, tal e como recoñeceu a propia Paula Alvarellos, é que o goberno local “ha tentado facer algo” por mor da denuncia realizada polo Grupo Municipal Popular, tras o cal solicitaron un informe para coñecer en que estado atópase este convenio, “informe que tras case un mes aínda non chegou á mesa de Paula Alvarellos”. “Non sabemos ése verdade ou se trata doutra bomba de fume, como o informe que anunciaron do Garañón no que se dicía que non corresponde indemnización algunha, pero que non aparece por ningunha parte no Concello de Lugo”, criticou.

Unha deriva que “nos preocupa moito”, afirmou Ameijide, que pregunta directamente a Lara Méndez “se vai tomar algunha decisión para evitar esta posible indemnización millonaria no García Portela”.

A este problema súmanselle outros, que tampouco son menores, como que “segue sen aparecer un informe coa valoración económica da parcela que se quería ceder ao promotor, unha relación das posibles parcelas que se poderían ceder ou os informes preceptivos que deberían de figurar xunto ao convenio”.

Sinala o concelleiro popular que “menos mal que o interventor municipal, avalado polo Consello Consultivo da Xunta, paralizou o intento de Lara Méndez de materializar un dos convenios urbanísticos negociados no ano 2001 polo señor Besteiro”.

Finaliza Antonio Ameijide explicando que “un concelleiro con sentido da responsabilidade xa se sentou cos seus técnicos e o promotor para buscar a mellor solución posible, que non supoña unha indemnización millonaria para as arcas municipais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo