" />

O PP presenta unha proposición en defensa de Alcoa e dos 700 postos de traballo

O Grupo Popular quere que o pleno da corporación de Lugo manifeste “o apoio do concello aos traballadores e  traballadoras afectados directa e indirectamente polo anuncio de peche da produción de aluminio en Alcoa San Cibrao”.
Na proposición que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria, solicitan ao Goberno de España “que sexa contundente á hora de defender a continuidade da produción de aluminio primario en España e busque unha solución inmediata para que non paren as cubas, así coma para que ningunha persoa traballadora perda o seu emprego”.
O voceiro popular Ramón Carballo indicou que tamén se reclama da Xunta de Galicia “que manteña a súa lealdade institucional e a súa oferta de, colaboración co Goberno na posta en marcha destas medidas, como ten feito de maneira permanente desde que saltaron as primeiras alarmas en outubro de 2018”.

Ramón Carballo detallaba que a solución debe pasar por: aprobar de maneira inmediata o Estatuto de Consumidores Electrointensivos coas alegacións presentadas ao borrador polos traballadores, os gobernos deAsturias, Cantabria e Galicia e pola propia industria electrointensiva; convocar urxentemente a poxa de interrompebilidade para o segundo semestre de 2020, polo menos, co mesmo importe que o pasado ano, con bloques de MW para as empresas hiper-electrointensivas; autorizar o máximo importe permitido pola Unión Europea para compensar os custos indirectos de emisións de CO2 e, por último, elaborar un plan específico para este sector co obxectivo de optar aos fondos que ten previsto repartir a UE para impulsar unha recuperación sostible, equitativa, inclusiva e xusta a través dunha resposta eficaz en favor dunha Europa ecolóxica, dixital e resiliente.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Cojo Manteca 34
    Cojo Manteca 34
    Xuñ 12, 2020 - 02:52 PM

    @PPdeLugo La Historia de Lugo es el si yo no soy y tú tampoco soy feliz. Y ahí el PP de Lugo reina, u… https://t.co/XGKRAjAY2F

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo