" />

O PP propón que o Concello asuma o custo das chamadas ao 010 de Lugo

O Partido Popular asegura que “ante a avalancha de chamadas ao 010, como consecuencia da situación que estamos vivindo froito da crise do covid19, pon a proba un servizo municipal moi importante para os vecinos”. A edil do PP Sagrario Sánchez Ramil explicou que “a gran actividade destes días provocou moitas queixas por parte de veciños e veciñas que descoñecían que a consulta a tiñan que pagar, xa que o servizo non é gratuíto”. A popular indicou que “chegáronos ao grupo denuncias de persoas que estiveron entre 30-40 minutos ao teléfono para resolver cuestión relativas ao Reanima ou doutros asuntos relativos a información do concello e que, pese a que non conseguiron resposta, tiveron que pagar a chamada con prezos que chegaban aos case oito euros”.

Para a concelleira popular, esta situación provoca, que se replantee a gratuidade do 010 “pensamos que o goberno local debería estudar
asumir o custe deste servizo para que non lle repercuta aos cidadáns, é algo que xa están facendo noutras cidades españolas”. Sagrario Sánchez Ramil subliñou que o feito de que se cobren as chamadas a veciños e veciñas xa é inaceptable en condicións normais, pero que se faga na actual situación de emerxencia é indefendible”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 13, 2020 - 03:13 PM

    A ver pepeteiros de provincias, non se pode dar a denuncia cando se sabe a solución, o servizo 010 éstá privatizado ( como a vostedes lles gusta todo ) cobran por chamar, pero existe un número de tarificación ordinaria que e do mesmo servicio o cal é : 982 29 73 50. De nada, meus.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo