O PP Provincial pedirá a implicación do Goberno para manter a actividade e o emprego das centrais de Alcoa

O Grupo Provincial do PP presentará unha moción ao Pleno que a Deputación de Lugo celebrará o vindeiro martes día 30 na que pedirá o apoio da Corporación para demandar a implicación do Goberno do Estado para manter a actividade e os empregos das centrais que o Grupo Alcoa ten en San Cibrao, A Coruña e Avilés.

Os populares instan ao Goberno de España, dirixido por Pedro Sánchez, a ter en conta a importancia do número de empregos directos e indirectos que xeran estas plantas no seu territorio, nomeadamente na Mariña onde esta industria supón un emprego directo de máis de 1.100 traballadores, aos que sumar 700 empregos auxiliares e miles de postos de traballo indirectos en toda a comarca.

Os populares consideran que tanto San Cibrao, como A Coruña e Avilés comparten “un problema común”, polo que piden a unión das forzas para conseguir acordos útiles con independencia de cores políticas que favorezan a continuidade do emprego e da actividade da empresa.

Así mesmo, desde o Grupo Provincial do PP pedirase a colaboración do Executivo dirixido por Pedro Sánchez de cara a poder realizar novos investimentos en Alcoa A Mariña, de maneira que se garanta a súa continuidade, así como a dos empregos que xera.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com