" />

O PP reclama a implicación activa do goberno no desenvolvemento urbanístico do barrio do Carme

O Partido Popular presentará a pleno unha iniciativa “para impulsar o desenvolvemento do Plan Especial de Reforma Interior do barrio do Carme”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “este PERI tiña dous anos de prazo para redactarse, dende a aprobación definitiva do Plan General de Ordenación Municipal que se fixo en 2012. A realidade é que pasaron oito anos sen que o goberno de Lugo fixese nin unha soa xestión para ordenar este enclave tan singular próximo ao casco histórico”.

Os populares afirman que non se pode demorar máis o desenvolvemento desta zona e lamentan que os sucesivos gobernos socialistas e
nacionalistas desaproveitasen oportunidades como a que brinda, agora, o Muramiñae. “Non é de recibo que a alcaldesa gaste miles de euros en parches puntuais como colocar unhas barandas ou descontaminar unhas fincas no Carme para quedar ben de cara á galería sen profundizar no verdadeiro problema deste ámbito”. “Se queremos un Lugo de futuro e unha cidade aberta ao río Miño é prioritario dar un pulo ao desenvolvemento desta zona” resumía.

Ameijide detallaba que, a día de hoxe, O Carme presenta unha imaxe deplorable “observamos unha total deixaded por parte do goberno local
con nesta zona: a mugre campa as súas anchas, hai edificios deteriorados, deshabitados e con okupas e varias localizacións no barrio
onde se celebran botellóns”. O popular indicaba que diante deste panorama “non podemos seguir de brazos cruzados” xa que estamos a falar de ordenar un ámbito urbano que está a escasos metros da muralla, unha zona que debe garantir a apertura visual da cidade ao río e pola cal discurre o Camiño Primitivo e ondea topamos un importante patrimonio cultural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo