O PP resalta a importancia do investimento da Xunta na Fonsagrada, 18% maior que o orzamento do Concello

“Só dende a consellería de Medio Rural o investimento da Xunta de Galicia é un 18% máis que o Orzamento do Concello en 2018”. Os populares de A Fonsagrada saen así ao paso das declaracións realizadas recentemente polo alcalde da localidade sobre o labor do Goberno galego, demostrando con elas “que nin coñece os datos do seu Concello nin leva un control do que fan outras administracións neste municipio”.

E é que o importe gastado por este departamento neste municipio suma preto de 4,2 millóns fronte aos 3,4 millóns do presuposto aprobado nesta anualidade pola entidade local. A este respecto, os populares reproban que o socialista apuntase que o responsable da Xunta en Lugo se adique a pasear pola provincia, pois “tal e como indican as cifras, debería de pedir desculpas públicas, xa que está menosprezando as axudas e a colaboración dunha administración que supera amplamente non só o investimento que realiza o Concello, senón tamén a Deputación de Lugo”. Proba delo, é que tal e como se desprende do documento de Orzamentos municipal, en investimentos reais, a institución luguesa, gobernada tamén polo Partido Socialista, aínda que en minoría, só figuran dúas partidas de 181.496 euros e 268.962 euros cada unha.

Pero é que se se extrapolan os datos en función da poboación, segundo indican os populares, “aínda son moito máis clarificadores”, pois o investimento desta consellería supón case 1.000 euros por habitante (926 euros), fronte aos 122 da Deputación, tendo en conta que segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), este municipio conta con 3.670 veciños.

“As mentiras en política teñen as patas moi curtas, polo que o señor Argelio debería de pensar antes o que di, pois acada de quedar algo mal diante dos seus veciños. Entendemos que queira criticar á Xunta de Galicia, e non á Deputación, pois é o vicepresidente desta e todos sabemos que lle gusta moito sentarse no sillón, pero os datos son os que son e a realidade é a que é”. Por este motivo, recoméndanlle que “xa que demostra que non está moi centrado no día a día da Fonsagrada, reflexione antes de dicir algo polo menos dúas veces, xa que logo pode volverse na súa contra. E xa sabemos que as palabras as carga o demo”, indican.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo