O PP urxe a revisar o Plan de Emerxencias municipal, despois de 11 anos

O vicevoceiro do PP no Concello de Lugo, Enrique Rozas, reclama ao goberno local que “antes de que finalice este mandato “actualice o Plan de Emerxencias Municipal que leva 11 anos sen revisar (23 de maio de 2007) e non está preparado para afrontar os riscos que poden xurdir en Lugo”.

Rozas explicou que “é responsabilidade das corporacións locais, a actualización deste documento” matizando que se trata dun manual básico “para atender, con garantías, as emerxencias que sucenden no termo municipal e que sexan susceptibles de ser controladas, exclusivamente, polos servizos operativos locais”. Para os populares é necesario acometer este traballo de forma inmediata xa que o actual documento “está obsoleto e é moi incompleto”.

En primeiro lugar, e segundo apunta o edil popular, porque utiliza a cartografía de hai 20 anos có que o Lugo que debuxa é un Lugo diferente ao que hai: non aparece na documentación a nova ponte sobre o Miño, as edificacións de Augas Férreas, a sede da policía local, nin tampouco o centro comercial de Duquesa de Lugo ou Abella. Ademais incorpora ao Plan de Emerxencias infraestructuras que están abandonadas dende hai anos como son os depósitos da Piringalla ou a vella potabilizadora ou figuran outras como son o Hospital de San Xosé e a Vella Residencia.

En segundo lugar o PEMU non se corresponde coa realidade porque está feito para afrontar situacións que afectan á poboación que tiña a cidade no ano 2006 (92.000 habitantes) cando, na actualidade, Lugo supera os 98.000 habitantes, 6.000 persoas menos. En terceiro lugar, o vicevoceiro popular avanzaba que é necesario actualizar deseños adaptados á realidade de rutas rápidas para acudir ás emerxencias.

Enrique Rozas explicou que “os socialistas son coñecedores desta necesidade” xa que a petición que presentamos “foi unha de tantas promesas electorais do PSOE en 2015 cando se comprometeron a revisar e mellorar o Plan de Emerxencias de Protección Civil”. O vicevoceiro popular explicou que “neste documento se inclúe que se debería actualizar de forma ordinaria semestralmente tanto a cartografía de infraestructuras e medios, como o catálogo de recursos, e o listado da normativa de aplicación directa ou indirecta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com