" />

O profesor da USC Xosé Ramón Veiga falará de Historia mañá no Vello Cárcere

A Asociación Cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza para mañá, martes 27 de abril ás 19.30 horas a conferencia Os contextos de 1846. Galiza e España de cando o levantamento de Solís, impartida polo profesor de Historia da USC, Xosé Ramón Veiga Alonso, terá lugar no auditorio do Vello Cárcere.

Xosé Ramón Veiga Alonso (1968) é Doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela e Premio Extraordinario (1998), coa tese O conde de Pallares e o seu tempo, 1828 – 1908. Política, ferrocarrís e agrarismo en Galiza, dirixida polo Profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández. Na actualidade imparte docencia na Escola de Maxisterio de Lugo, sendo profesor titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.

O aforo é limitado a 29 persoas. As persoas poden anotarse o día da charla ou ben reservar a súa praza no correo rgngon@gmail.com, para cumprimento dos protocolos COVID 19.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo