O proxecto “Life Oso Courel” da Xunta, distribuirá pastores eléctricos para preservar as colmeas

A Xunta de Galicia e a Fundación Oso Pardo  están a entregar este mes pastores eléctricos aos apicultores dos municipios nos que pode haber presencia desta especie, co obxectivo de dotalos de medidas de protección que eviten danos nas colmeas. Esta iniciativa forma parte do Proxecto “Life Oso Courel”, no que participa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que esta é unha das medidas que se vén levando a cabo na zona de avistamento do oso, e indicou que dende o ano 2015 a cifra de aparellos entregados ascende a 230.

A Consellería de Medio Ambiente entregou máis da metade deste montante (o 56%), xa que asumía esta función en solitario ata a de inicio do proxecto Life, a mediados do ano pasado. Dende ese momento é a Fundación Oso Pardo -socio beneficiario do plan- a que reparte os pastores eléctricos nos seis concellos incluídos no proxecto: Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, O Courel, Samos, Triacastela e Quiroga, mentres que a Xunta continúa coa distribución nos demais municipios onde pode haber algún movemento de osos que provoque danos, fundamentalmente Cervantes e Navia de Suarna.

Na primeira quincena do presente mes de outubro a Consellería entregou “29 pastores para a protección dos asentamentos apícolas, recentemente adquiridos por un importe de 7.600 euros”. Nesta segunda quincena, a Fundación Oso Pardo está “distribuíndo outros 50 pastores, e continuará ampliando a cifra a medida que se vaian detectando novas necesidades”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo