O PSdeG esixirá no Pleno ao Goberno central que os seus orzamentos contemplen as partidas necesarias para Lugo

O voceiro municipal do PSdeG, Miguel Fernández, explicou este martes que o seu partido presentará unha proposición no Pleno do vindeiro xoves, coa finalidade de reclamarlle ao Goberno central que os seus orzamentos contemplen as partidas necesarias para Lugo. Neste senso, o voceiro socialista denunciou que “o Partido Popular castiga unha vez máis aos veciños e veciñas da nosa cidade presentando os orzamentos máis baixos dos últimos dez anos, porque non hai nin un só investimento”.

Miguel Fernández subliñou que “observamos como ese mesmo Goberno central destina cero euros a case todas as cuestións importantes para a cidade de Lugo”. “Cero euros para a Estación Intermodal, cero euros para a demandada rotonda da Nacional VI con Alfonso X O Sabio, nada para a Comisaría no Vello Xeral”, cando o pasado ano había 100.000 euros para estudos previos, Fernández resaltou tamén que non se inclúen partidas económicas, para o o desdobramento e iluminación da Ronda Norte, para o desdobramento da N-VI dende a Tolda de Castela a Garabolos, así como o enlace da Ponte Blanca coa Volta da Viña, a pasarela peonil do Anxo Carro, a iluminación da N-540 dende a Ponte Nova ata As Arierias, e a Ronda Sur, que unirá a N-VI na Tolda, coa glorieta da estrada da Fonsagrada.

O proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado para este 2017, que recentemente acaba de presentar o Goberno central, non contemplan “ningún compromiso tanxible coa cidade de Lugo”. Aínda que nos últimos anos os investimentos dirixidos a Lugo diminuíron, nos deseñados para este exercicio as contas para a provincia son as máis baixas dos últimos 10 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com