" />

O PSOE analiza co Sindicato da Policía a situación actual na provincia de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, mantivo este venres unha reunión de traballo co Secretario Provincial do Sindicato Unificado de Policía, Jorge Varela, para analizar a situación actual dos corpos nacionais de Policía na provincia.

Durante o encontro abordaron varios temas como a necesidade de cumprir co acordo de equiparación salarial, a reclasificación do Grupo B que mellorará as pensións de xubilación, orfandade e viuvez, a creación e dotación dunha UPR como no resto de provincias galegas, actualizar o catálogo de postos de traballo para adecualo ás necesidades reais da sociedade e contar con máis medios humanos e materiais.

Santos e Varela tamén amosaron a súa preocupación polo incremento dos casos de suicidio no corpo e a importancia de poñer en marcha un protocolo antisuicidios e iniciativas que melloren o benestar psicolóxico dos axentes, así como a obriga de actualizar o procedemento das dietas, entre outros asuntos.

Santos Ramos subliñou que “trasladaremos todas estas demandas da Policía Nacional á Subdelegación do Goberno de Lugo para o seu coñecemento, para que avancemos na mellora da seguridade dos lucenses e sigamos sendo unha das provincias máis seguras de toda España”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo