O PSOE anima aos veciños a compartir o orgullo de ser de Lugo

O PSOE lanza un vídeo no marco da campaña Orgullos@s de ser de Lugo no que se presume dos recursos naturais únicos da provincia. Os socialistas animan aos veciños a compartir en imaxes ou videos os motivos do orgullo de ser de Lugo.

As persoas interesadas poderán participar pensando nun motivo, nun lugar, nun detalle, nun elemento ou sentimento que esperte o orgullo de ser lucense e publicándoo a través dun vídeo, unha foto ou un texto na súa conta de Facebook ou Instagram co hahstag #OrgullososdeSerdeLugo. O contido ten que ser público para que poida ser visible e saír nas redes sociais da web. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como participar en  www.orgullososdeserdelugo.gal.

Nun vídeo, os socialistas na provincia de Lugo recollen algún dos motivos polos que sentirse orgulloso como “o noso patrimonio, das nosas fragas, do noso mar, da nosa natureza, dos nosos cantís, da nosa historia, dos nosos ríos, dos nosos viños, do noso rural, de ser da costa, da nosa riqueza… orgullosos de se de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com