O PSOE de Baralla denuncia un vertedoiro ilegal en terreos do Concello

O grupo socialista de Baralla denuncia un vertedoiro ilegal en terreos do Concello de Baralla, concretamente detrás do cementerio municipal. O grupo municipal denuncia que é habitual ver montañas de lixo amontoadas de diverso tipo: rodas, plásticos, colchóns, coroas funerarias, etcétera que se tapan con madeira e ramas e se lles soe prender lume. Asemade, aseguran que despois da queima maquinaria vai o lugar a tapar e soterrar os restos.

O voceiro socialista, Jaime González, denuncia que se está a cometer un contínuo e reiterado delito ecolóxico, tanto polo que alí se enterra, coma polas emisión tóxicas deste tipo de elementos ó arder, do cal se teñen queixado os vecinos. Non se trata dun caso puntual, aseguran os socialistas, senón de algo que se ven facendo ó longo do tempo de xeito continuado, e que parece que co goberno de González Capón sempre aparece lixo onde xestiona ó Concello.

Debido polo tanto a que esto non deixa de suceder, o grupo socialista deu aviso ó Seprona, e espera que se tomen medidas para evitar esto e para poder dar cos responsables destes feitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo