O PSOE de Carballedo lamenta que a Xunta non cubra a praza dun médico que está de vacacións deixando o centro cun só facultativo

A voceira do PSOE en Carballedo, Isabel González, denunciou esta mañá que os veciños leva 2 días cun só médico no Centro de Saúde porque a Xunta non cubre unha baixa por vacacións. González alertou que ducias de veciños non están sendo atendidos “porque o facultativo está desbordado pois está asumindo o traballo de dúas persoas. Esiximos ao Sergas que solucione esta situación de inmediato”.

A socialista explicou que antes de pechar o Centro de Saúde de Castro, Carballedo contaba con 3 médicos. Unha vez que o goberno autonómico do PP decidiu unificar este servizo no Centro de Saúde da Barrela, o Sergas se negou a cubrir a recente xubilación dun dos profesionais, pasando a ter dous médicos e, nos últimos días, unicamente un.

Isabel González criticou que “os veciños de Carballedo non estamos a recibir a atención sanitaria pública e de calidade á que temos dereito. A Xunta está xogando coa saúde das persoas e iso non o imos permitir. Non somos números. E máis se cabe despois de eliminarnos o Centro de Saúde de Castro, obrigando aos máis de 400 veciños desta zona a ter que desprazarse ata alí. O PP o único que buscan é aforrar custes económicos sen pensar nas necesidades e peculiaridades de cada entorno”.

A voceira do PSOE censurou que a Xunta non deu ningunha resposta as iniciativas que presentou toda a corporación municipal e os socialistas na Deputación esixindo reabrir o Centro de Saúde de Castro. “O peche do vai provocar a retirada progresiva doutros servizos existentes nesta parroquia como a farmacia ou o banco, facendo moito máis complexo o día a días destes veciños que viven no rural” engadiu Isabel González.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com