O PSOE de Láncara presenta a candidatura “co aval de reducir a débeda, incrementar a axuda a dependentes e mellorar as prestacións públicas”

O PSOE de Láncara presentou este martes aos veciños a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, encabezada polo actual Alcalde, Darío Piñeiro García. Fíxoo xunto ao Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, ao Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, ao Senador electo do PSOE, César Mogo, ao Deputado Provincial pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera, e á Secretaria Local, Begoña López.

Darío Piñeiro destacou que “cando chegamos ao Goberno atopámonos un Concello co rural abandonado, onde os maiores non era unha prioridade, os servizos públicos eran deficientes e precarios, os parques e espazos verdes estaban descoidados e cunha débeda municipal grande. Nestes 4 anos, dende o PSOE conseguimos reducir a débeda  do Concello máis dun 70%, pasando dos 214.000 euros aos 58.000 euros. Duplicamos o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar e incrementamos un 10% os usuarios, ademais de facer totalmente gratuíta a Festa dos Maiores. E o fixemos porque para o Goberno Municipal é un eixe fundamental das nosas políticas o benestar social. Co PP na Alcaldía, case a totalidade da rede de estradas e camiños municipais estaban nun estado de semiabandono, máis de 20 anos de fochancas e perigos. Ante a gravidade do problema tivemos que priorizar, primeiro rexeneramos os máis deteriorados e logo bacheamos as vías onde era máis necesario actuar. Ademais, atendemos unha demanda veciñal histórica arranxando as estradas que unen a Pobra de San Xiao con Láncara e Carracedo”.

Un novo parque móbil

O Alcalde de Láncara destacou que “grazas aos socialistas o Concello de Láncara conta cun completo parque móbil. Cando chegamos ao goberno nos atopamos con que o Concello non tiña nada, nin unha máquina para poder facer reparacións ou melloras no municipio. En só 4 anos dotamos ao Concello de 2 tractores, 2 desbrozadoras, 1 camión, 1 pala mixta,1 pisón, 1 camión de rego asfáltico e 1 remolque. camión de rego, un pisón, un tractor, un remolque, 2 desbrozadoras e unha pala mixta. E o fixemos porque somos conscientes da importancia de manter en boas condicións as infraestruturas para aforrar custes económicos aos veciños”.  

“Tiñamos un pavillón deportivo en mal estado que non atendía as necesidades dos lancareses, por iso, construímos unha pista multideporte e conseguimos 80.000 euros para mellorar as instalacións do pavillón. Os poucos espazos verdes e de lecer que tiñamos estaban moi descoidados polo Partido Popular. Dende o PSOE fixemos un parque novo en Edilzo, iluminamos o Club Fluvial da Pobra e de Láncara, dotamos de mobiliario urbano ao Concello, con marquesiñas e papeleiras…todo isto para renovar a cara de Láncara e facela máis atractiva para os nosos veciños e para os visitantes. Unha das reclamacións que tiñan os lancareses era mellorar o servizo de recollida de lixo posto que era moi deficiente e de mala calidade. Para iso decidimos dende o Goberno municipal ofrecer un servizo máis completo que inclúe a retirada de residuos, a limpeza das rúas e o mantemento dos colectores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com