" />

O PSOE de Monterroso denuncia que as contas municipais estiveron tuteladas por Facenda

Os socialistas de Monterroso denunciaron esta mañá a “pésima xestión do goberno de INTA” por incumprir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria. O PSOE denuncia que durante o ano 2018 a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia tutelou as contas do municipio e solicitou ao Concello a elaboración dun plan económico financeiro (PEF) polas continuas desviacións da cifra de déficit e da regra de gasto.

O Secretario Xeral do PSOE en Monterroso, Rafael García, subliñou que “estas medidas impostas polo goberno autonómico obedecen a unha falta de planificación e de rigor orzamentaria á hora de confeccionar os presupostos por parte do rexedor, demostrando un total descoñecemento na elaboración das contas coas consecuencias que hoxe estamos a padecer os veciños e veciñas da vila. Por estes motivos, dende o PSOE rexeitamos os orzamentos presentados polo Alcalde para este ano porque somos conscientes de que non se vai cumprir co establecido debido á improvisación do executivo de INTA”.

“Os veciños e os provedores do Concello trasladáronnos a súa inseguridade ante esta situación e o medo a que isto lles afecte dalgún xeito. Dende o PSOE de Monterroso cremos que se debería facer unha política orzamentaria acorde coas necesidades dos cidadáns e tendo en conta os ingresos reais que vai a acadar o Consistorio, ao tempo que evitaríamos estas tutelas que poucos nos benefician para a promoción e os intereses da nosa vila”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo