" />

O PSOE de Palas esixe que se cubra a praza de médico de familia no centro de saúde

O Voceiro do PSOE en Palas de Rei, Horacio Rouco, reclama que se cubra a praza de médico de familia no centro de saúde da vila. Así o dixo tras avanzar que rexistrou unha moción que será debatida na vindeira sesión plenaria, para esixirlle á Consellería de Sanidade, que non recorte recursos sanitarios na atención primaria en Palas de Rei, e nesa liña que dea ás ordes oportunas para repoñer e cubrir esta praza de médico de familia coa contratación dun profesional.

Rouco advertiu que “no centro de saúde Palas de Rei, había hasta hai uns días catro médicos de familia, e agora soamente tres, co conseguinte prexuízo para as veciñas e veciños de Palas de Rei”, criticou.

Así as cousas, sinala Rouco que o Concello “conta cunha poboación envellecida, moi dispersa, dependente e con pluripatoloxías, que necesita cada vez máis atención e coidados sanitarios. Tamén hai que ter en conta outro dato importante como é o Camiño de Santiago, miles de peregrinos transcorren pola vila ao longo do ano, por iso é evidente que a redución de persoal sanitario ocasiona unha perda notable de eficacia e calidade na atención aos cidadáns”, relata.

Tamén os profesionais sanitarios denuncian reiteradamente que o tempo do que dispoñen para exercer as súas funcións é insuficiente, e que se reflicte cando reclaman como mínimo 10 minutos para levar a cabo a súa función asistencial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo