O PSOE de Vilalba demanda a creación dun rexistro municipal de soares e edificacións ruinosas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Vilalba levará ao vindeiro pleno unha moción na que demanda a creación dun rexistro municipal de soares e edificacións ruinosas. Na moción rexistrada sinala que “a Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha riqueza paisaxística única. Tanto na súa costa, coma no interior, Galicia conta cun patrimonio artístico e natural que distingue a nosa terra doutros territorios do Estado. Pero se ben esta riqueza é un elemento diferenciador, noutras ocasións a diferenciación ven dada por construccións que destacan de xeito negativo, fenómeno que veu a denominarse feísmo urbanístico. O Concello de Vilalba non é alleo a esta circunstancia, é máis, está considerado por ser un dos concellos de Galicia onde o fenómeno do feísmo urbanístico se da con maior virulencia”.

O Grupo Socialista di que “esta circunstancia débese a múltiples factores, sexa por actuacións coma o fenómeno da construcción sen control, cumprindo a máxima do “vai facendo” ou polo denominado “boom urbanístico” e posterior crise do ladrillo, ocasionando a existenza de edificacións inacabadas que tras varios anos se atopan en estado ruinoso. Sexa tamén pola inacción co abandono de edificacións e soares, que ou ben por desleixo dos seus propietarios, ou ben por non ter constancia da persoa responsable dos mesmos, o certo é que ademáis de causar unha imaxe negativa para a nosa vila, traen consigo un perigo, tanto para os veciños e veciñas coma para os viandantes e vehículos que circulen pola zona. Contribuíndo todo isto á depreciación no valor das edificacións aledañas así coma a depreciación en xeral do noso Concello”.

Asi as cousas no documento rexistrado remarcarse que “é obriga desta Corporación velar polos intereses do conxunto dos vilalbeses e vilalbesas, intentando eliminar o feísmo urbanístico polo que, por desgraza, é coñecido o noso Concello. Coñecedores que é unha tarefa complexa, que sen lugar a dúbidas debe ser levada acabo con políticas pensadas a medio e longo prazo e tendo en conta que a lexislación autonómica actual permite ós Concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes a creación dun rexistro municipal de soares e de edificacións ruinosas, o Grupo Municipal Socialista propón a súa creación, por consideralo unha ferramenta positiva para a erradicación da grave problemática que sofre o noso Concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com