O PSOE de Vilalba denuncia a mala xestión do servizo de recollida de lixo

A voceira municipal do PSOE en Vilalba, Elba Veleiro, denunciou este venres que “o camión de recollida de lixo leva máis de 15 días sen pasar polo punto de recollida da parroquia de Oleiros, acumulando desperdicios e ocasionando malos cheiros, sobre todo nesta época de verán, por este motivo, e tras as queixas veciñais, solicitamos de forma urxente a retirada do lixo. Ademais, este problema agrávase porque a vindeira fin de semana son as festas patronais deste núcleo rural e contará cun maior número de afluencia”.

Os socialistas de Vilalba critican que coa reforma da ordenanza reguladora levada nesta lexislatura de forma unilateral polo Alcalde do PP, os máis de 14.000 veciños de todas as parroquias, xa sexan do rural ou do casco urbano, teñen que pagar por este servizo municipal que non se está realizando, independentemente da distancia das súas casas aos puntos de recollida de lixo, cando antes os residentes dalgunhas zonas rurais non tiñan que asumir esta prestación debido a que os contedores estaban moi lonxe das súas vivendas.

A voceira municipal socialista en Vilalba destacou que “dende o PSOE, como partido que representa aos veciños e defende sempre os intereses veciñais por riba de todo, seguiremos denunciando este maltrato que están a sufrir os vilalbeses, sobre todo no rural, por parte do goberno do PP”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo