O PSOE esixe á Xunta que aclare a situación da cesión a Ribadeo das Torre dos Moreno

Os socialistas esixen á Xunta de Galicia que aclare en que situación está a cesión do Concello de Ribadeo das Torre dos Moreno. Fixérono a través dunhas iniciativas presentadas no Parlamento autonómico para coñecer de primeira man en que estado está a petición do Consistorio de permutar a porcentaxe da propiedade que actualmente posúe deste inmoble declarado Ben de Interese Cultural (BIC) por un edificio rehabilitado que irá destinado a albergar o Xulgado de Paz.

Neste momento, a propiedade do edificio está repartida entre particulares cun 19%, a empresa Paisajes de Asturias cun 60% e o Concello de Ribadeo cun 21%. O actual estado de deterioro, ademais de supoñer un risco, con leva a necesaria inversión de máis de 5 millóns de euros para a súa rehabilitación, dos que 1,1 corresponderían ao propio Concello de Ribadeo.

O Pleno municipal, co apoio do PSOE de Ribadeo, acordou, hai máis de 6 meses, iniciar o procedemento para ceder a súa propiedade á empresa Paisajes de Asturias por outra para trasladar a ela o Xulgado de Paz. Os socialistas explicaron que a lei do patrimonio cultural establece o dereito de tanteo e retracto á Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo