O PSOE esíxelle á Xunta o mesmo trato para os bombeiros de Lugo que aos de Ourense

O portavoz socialista na Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e os deputados socialistas no Parlamento de Galicia, Concepción Burgo e Luis Álvarez, presentaron esta mañá dúas iniciativas que levarán ao Parlamento Galego para esixirlle á Xunta que incremente a súa partida para o Consorcio Provincial de Bombeiros e permita así que os bombeiros de Lugo poidan ter o mesmo soldo que os profesionais deste servizo en Ourense.

Concepción Burgo asegurou que o que están a vivir os bombeiros lucenses “é un problema grave e unha situación inxusta” e, cualificou de inaceptable que “os salarios dos bombeiros lugueses sexa un 16% máis baixo que os de outros bombeiros de Galicia”.

Tanto a parlamentaria como o deputado resaltaron a suba no investimento do ente provincial aos salarios dos bombeiros, que se cifra en 330 mil euros, e aseguraron que non entenden porqué o PP sí aceptou unha suba salarial a estes traballadores na Deputación, pero na Xunta os populares continúan negándose a este aumento.

Santos Ramos lembrou que o Consorcio Provincial de Bombeiros está integrado a partes iguais pola Deputación de Lugo e pola Xunta de Galicia, que asumen o 50% dos custos deste organismo. “Dende o Goberno da Deputación sempre defendemos que, co mesmo traballo e co mesmo risco, o xusto é que os bombeiros teñan o mesmo salario. Por iso, dende o Executivo Socialista no organismo provincial xa incluímos no Orzamento de 2017 unha nova partida de 330.000 euros para equiparar os salarios dos bombeiros de Lugo,cumprindo coa nosa palabra”.

Os socialistas chaman á responsabilidade de Elena Candia para que apoie, diante do seu grupo, esta iniciativa. Santos Ramos e Burgo apuntaron aos “incumprimentos, mentiras e contradicións” do Partido Popular. Deste xeito, lembraron como a Presidenta do PP na provincia de Lugo e voceira deste partido na Deputación, Elena Candia, votou a favor da proposta que o Goberno Provincial do PSOE levou ao Pleno da Deputación para equiparar os salarios dos bombeiros de Lugo e ata manifestou, publicamente, o compromiso do seu partido con estes profesionais. Mentres, o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, non defendeu aos bombeiros ante o Goberno do PP na Xunta, tentado esquivar este asunto.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com