" />

O PSOE insiste na necesidade de facer un estudo das árbores de Vilalba

O Grupo Municipal Socialista esixe de novo ao equipo de goberno vilalbés que encargue un estudo fitopatolóxico das árbores que se atopan en terreo municipal logo da caida dun piñeiro de máis de vinte metros de altura ubicado na Escola de Educación Infantil de Vilalba.

Hai cinco meses, os socialistas pediran mediante un rogo que o concello previra este tipo de riscos, “salvagardando tamén a correcta conservación dos espazos verdes do municipio, especialmente naqueles máis transitados. O debate desta iniciativa produciuse despois da caída dunha das árbores da alameda, asunto que fixo saltar as alarmas dos veciños e veciñas de Vialba”. Agora, a polémica renace e o PSOE pide responsabilidades ao concello.

“Xa tivemos os suficientes avisos como para facer oídos xordos, polo que pedimos que se encargue con urxencia un estudo das árbores para previr calquera risco que poda atentar contra a integridade das persoas”, denuncia a voceira dos socialistas, Elba Veleiro. Ademais, lembra outros casos de problemas coas árbores en centros escolares”onde o desleixo do equipo de goberno tamén se fixo notar”: na contorna do recinto do CEIP de Román, no CEIP Insua Bermúdez; “consideramos este asunto moi grave, posto que nesta ocasión, ao estar en período non lectivo, non houbo que lamentar ningunha desgraza, pero se botamos a vista atrás, xa teñen caído outras árbores en lugares moi transitados, á marxe dos desperfectos que orixinan ditos derrubamentos”.

Os socialistas fanse eco da preocupación veciñal e critican duramente “a mala xestión medioambiental do concello”, polo que piden que se tomen medidas e actúen con dilixencia e responsabilidade.

Si, tal como afirmou o alcalde, se procede á tala dos piñeiros do parvulario os socialistas pedirán “que se estude a posibilidade de plantar outro tipo de árbores, que non resulten perigosas polo seu tamaño e características, pero que permitan aos mais pequenos gozar do contacto directo coa natureza e de medrar respectando os valores medioambientais, tan importantes para o presente e o futuro do noso planeta”.Concluiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo