O PSOE insta á Xunta a establecer a gratuidade do parking do Hula

O grupo municipal do PSdG-PSOE levará ao Pleno da vindeira semana unha moción para instar á Xunta de Galicia a establecer a gratuidade do parking do HULA e poñer fin, deste xeito, a unha década de prezos abusivos. Así o avanzou o portavoz
socialista, Miguel Fernández, quen subliñou que “chegado o fin da concesión deste servizo, a administración autonómica tiña a oportunidade de desprivatizalo e recuperalo para que a instalación pasase a ser pública, porén os intereses privados
volven a primar sobre os intereses da cidadanía e a Xunta volverá a sacar a concurso a xestión do subterráneo”.

O PSOE leva anos reclamando a gratuidade deste servizo, para que a cidadanía poida estacionar de balde no seu interior, cando teña que acudir a unha consulta ou facerse cargo dos seus familiares. Unha reivindicación que adquiriu maior relevancia, se cabe, dende o inicio da pandemia e as súas consecuencias económicas. Foron, de feito, varias as propostas levadas ao Pleno, sendo aprobadas pola Corporación.

As elevadas tarifas do parking, situadas entre as máis caras de Galicia, favorecen a práctica dos gorrillas, un problema habitual no entorno do hospital, que causa un importante malestar e inseguridade entre a cidadanía. Esta cuestión vese intensificada ante a incapacidade de boa parte da veciñanza de asumir as elevadas tarifas de estacionamento no interior do complexo. engadiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com