" />

O PSOE pedirá no Pleno Provincial eliminar as modificacións sobre a lei de montes

O Secretario de Política Municipal no PSOE Provincial de Lugo e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, presentou esta mañá unha das propostas que o seu grupo levará ao pleno de mañá na Deputación para retirar as modificacións que o PP, a través da Lei de Acompañamento, quere realizar sobre dez artigos da lei de montes, aprobada no ano 2012.

Fernández Queipo criticou que “estas medidas que quere implantar o PP no goberno autonómico lévanos ao de sempre, ao prexuízo dos usuarios e a favorecer a liberdade da Xunta para tomar as decisións que eles queiran. Os socialistas queremos que as persoas poidan seguir vivindo no medio rural e para iso, é necesario desenvolver iniciativas que favorezan que a xente dispoña de poder adquisitivo para gastar nese medio e non impoñer medidas que van en contra dos seus propios intereses”.

“Dende o Partido Socialista entendemos que as modificacións lexislativas que afectan á xestión do territorio, e sobre todo á xestión dos nosos montes, deben ser máis sensibles e próximas ás opinións dos propietarios e axentes afectados, para o cal deben de estar acompañadas de procesos participativos para crear estruturas normativas coherentes coa realidade”.

Os socialistas denuncian que o PP na Xunta de Galicia pretende modificar basicamente 4 aspectos da Lei de Montes. Neste senso, Fernández Queipo criticou que “o Partido Popular sostén que favorecerá especies que están diminuíndo en presenza nos últimos anos como é o xénero pinus. Sen embargo con esta nova lei os usuarios non poderán plantar pinos en zonas frondosas que previamente estaban plantadas de pino, co que non teremos pino cando é fundamental para a sustentabilidade do sector forestal”.

Os socialistas denuncia ademáis que as modificacións afectan á retirada da biomasa forestal residual despois dunha corta de madeira (ramas, follas e trozas de madeira non comerciais) a cal supón, xunto coas raíces, preto dun 70% dos nutrientes do monte (a súa extracción implica a perda de solo), engadindo a maiores un prazo de 15 días para a súa retirada ou trituración. “É unha medida moi pouco económica, que empobrecerá o chán do monte”, engadiu Fernández.

Por outra banda, a Xunta pretende prohibir a plantación de determinadas especies forestais, a través dos plans de ordenación forestal no seu ámbito territorial. O PSOE critica que esta medida afecta a propiedades privadas, favorecendo a implantación do eucalipto. “Tamén se ven influenciados os cambios de uso forestal, que limitarán moitos aos particulares, porque o Consello da Xunta poderá autorizalos sen demasiadas dificultades”.

Outras mocións

A Secretaria de Acción Política do PSOE lugués e Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, acompañada de representantes da Asociación querENDO, presentou esta mañá unha moción que o Partido Socialista levará ao Pleno Provincial de mañá e que versa sobre a mellora na atención a mulleres con endometriose e a divulgación da doenza. Unha enfermidade crónica que afecta a 1 de cada 10 mulleres e que consiste no crecemento benigno do tecido endometrial fora do útero e que pode afectar máis alá dos órganos reprodutores.

Por outra banda, a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, anunciou outra das proposta que o goberno de Campos Conde levará a pleno, neste caso, para ofrecer de xeito totalmente gratuíto aos Concellos o servizo de recadación de impostos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo