O Psoe quere unha pasarela peonil na N-VI á altura do Anxo Carro

A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que demandan a construción duna pasarela peonil sobre a N-VI, á altura do estadio de fútbol Anxo Carro.

Nunha Proposición Non de Lei rexistrada no Congreso, a deputada socialista Pérez Herraiz sinala que “o Estadio Anxo Carro de Lugo este separado pola cidade pola N-VI, o que supón un importante risco para as persoas que acoden ao estadio. Advirte ademais que os días que hai competicións deportivas os viandantes cruzan esta vía, dun xeito moi pouco seguro”.

A Deputada remarca tamén que nos anexos a este Estadio atópanse tamén os campos de fútbol nos que adestran os equipos alevíns e xuvenís do clubs, ademais dun palacio de congresos e un centro comercial.

Pérez Herrraiz afirma que “nesta zona estase xerando moita actividade, e que tamén que hai outras vías pola actividade que se xera nesta zona da N-VI, e outras vías rápidas que poden ser utilizadas en lugar da N-VI a medio prazo, nas que habería plantexar a posibilidade de utilizar elementos disuasorios de tráfico”. Asiías cousas subliña que sería preciso acometer outro tipo de intervencións como a instalación de semáforos ou beirarrúas , pero de xeito urxente seria conveniente a construción dunha pasarela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com