O recinto do Resurrection Fest entra na recta final da súa preparación

O Resurrection Fest afronta a edición de 2026 tras rexistrar en 2025 a maior asistencia da súa historia, con 141.376 persoas procedentes de máis de 40 países. A organización ten o reto de manter nesta convocatoria uns niveis de participación similares aos do pasado ano.

Hoxe o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, que estivo acompañdo polo delegado da Xunta en Lugo e a presidenta da Deputación, xunto con outras autoridades, visitou o recinto, o que lle  permitiu coñecer o estado dos preparativos dun evento que volverá reunir miles de asistentes na localidade e que figura entre as principais citas musicais do calendario estival en Galicia. O Resurrection Fest está incluído dentro da programación dos Concertos do Xacobeo, unha iniciativa que este ano inclúe tamén outros nove eventos e festivais na provincia de Lugo. Entre eles figuran o Caudal Fest, de maior capacidade, e propostas de menor formato como o Dezaseteº, na Ribeira Sacra, e o SoaSuarna, nos Ancares. Segundo indicou o representante deste organismo, esta iniciativa busca apoiar festivais e eventos musicais con capacidade para atraer público de distintos países e contribuír á proxección de Galicia como destino cultural, ao tempo que favorece a actividade económica vinculada á celebración destes encontros.Gómez Román tamén incidiu en que a afluencia de asistentes internacionais, nacionais e galegos ofrece unha oportunidade para dar a coñecer os recursos paisaxísticos, gastronómicos e patrimoniais da Mariña Lucense, reforzando a proxección turística do territorio.

O Resurrection Fest reunirá ao longo de catro xornadas máis de 90 bandas distribuídas en catro escenarios. O cartel combina grupos consolidados do panorama internacional con formacións que actuarán por primeira vez en España.Entre os principais reclamos da edición figuran Iron Maiden, Marilyn Manson, Sabaton, Mastodon, Trivium, Testament e Anthrax. O festival contará ademais con actuacións anunciadas como exclusivas no Estado de bandas como Limp Bizkit, A Day To Remember, P.O.D., Blood Incantation, Converge e Man with a Mission.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com