" />

O sentido común imponse e deciden aprazar Expolugo a 2021

Nestes momentos calquera proposta para celebrar actos que impliquen  concentración de xente non debe terse en conta, pois o risco de espallar  o andazo é  demasiado alto como para arriscarse.  De aí que a organización da Expolugo  tomara a decisión de aprazala para o vindeiro ano. O mesmo camiño deberían recorrer outros eventos programados na capital para non tentar á sorte.

O Padroado do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e todas as asociacións gandeiras que integran Expolugo, decidiron aplazar a gran maioría das actividades da feira agrogandeira prevista para outubro ante a situación xerada pola Covid-19 e a imposibilidade de contar con público, un aspecto fundamental para este evento que é principalmente o escaparate do sector gandeiro na provincia de Lugo.

O Padroado e os colectivos que toman parte en Expolugo A Rural “decidiron o seu aprazamento, para non estar suxeitos a restricións de aforo e que na súa celebración podamos garantir o máximo número posible de público”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo