O Sergas corrixe os datos: Lugo ten catro ingresados por Covid

Os datos relativos aos ingresos por Covid na provincia, ofrecidos polo Sergas esta mañá, estaban errados. Sanidade vén de dar o aviso hai uns minutos, o certo é que a provincia conta todavía con catro pacientes covid, todos eles no Hospital Lucus Augusti.

Se ben hai os mesmos casos rexistrados que na xornada anterior, o Sergas confirmou na súa última comunicación, que son 3 os ingresados en planta de hospitalización (un máis que na xornada anterior) mentres que a UCI queda cun só caso covid, fronte os dous informados onte.

No tocante ao resto de baremos, mantéñense todos iguais aos ofrecidos esta mañá; os casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.462, deles 372 son da área da Coruña, 216 da de Lugo, 142 da de Ourense, 132 da de Pontevedra, 334 da área de Vigo, 169 da de Santiago e 97 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 1.398 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.059 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.305.294.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.245.421.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com